A verdade é que chamarse A Manada, é ate algo insultante para as verdadeiras manadas de lobos e lobas e doutras especies animais que teñen un comportamento bastante máis ético que o que estamos a comprobar nestes últimos días coa “violación” destes individuos. A min, persoalmente, me sobran todas e cada unha das “xustificacións xudiciais e técnicas” para lle por unha sentencia como a que teñen….chégame con escoitar e ler, porque eu si que me lein a sentencia, determinadas frases, para sororizarme con esta rapaza e con calquera muller que tiña sentido na súa vida algo similar, e somos moitas…..Si , oficialmente, hai unha violación, agresión sexual, cada 8 horas no noso país…..quere dicir que a nosa sociedade está moi enferma, de machismo, de heteropatriarcado, de infravaloración do sexo feminino, de pornografía …..e, por suposto cos recortes económicos e humanos dos últimos anos practicados polo goberno. Eses recortes brutais, levaron a prescindir de algo que si tivemos nalgún momento (80-90)….tratamento de moitos ámbitos con “perspectiva de xénero”, concepto indispensable para a educación desde a primaria, para a sanidade, para o urbanismo e….como non para a xudicatura….non se forma a ninguén , desde fai anos, con esta perspectiva e, polo tanto, carécese dela á hora da escola, da sanidade e….da xudicatura….Sin esa perspectiva, e sin toma de conciencia feminista, é imposible xulgar estes desgraciados feitos sen incurrir en erros profundos como o que estamos a vivir. Que sexa a propia ONU quen de chamar a atención sobre o tema, debería facer pensar…..
A min , persoalmente, me entristece e me frustra ver que tanto traballo desde fai moitos anos non deu todo o froito que debera ter dado, aínda que tamén me produce ledicia ver que as máis novas e os rapaces empezan a visibilizar o seu disgusto e a súa toma de conciencia social….e feminista….porque este é u problema das mulleres que somos as que o sufrimos nas nosas carnes, pero tamén é da educación e do traballo dos homes, do seu rexeitamento social e con iso teremos que contar, coas forzas de todas e todos, coa empatía, coa moral e a ética e, por suposto ….coa SORORIDADE.
Cando eu era nena, educábannos na propia defensa da nosa sexualidade cunha estampita que nos regalaban de Santa María Goretti, unha rapaza que morreu defendendo a súa virxinidade…..non quero pensar que no século XXI se nos achegue a mesma mensaxe….é ben certo que fai 27 anos, eu tiven unha terrible experiencia cun tema similar, pero cunha diferenza moi importante, foi xulgada dun xeito moito máis implacable e o propio Fiscal fixo un alegato sobre a Liberdade Sexual das Mulleres que, naquel momento e aínda hoxe, tiña un valor extraordinario , feminista e empático ao cen por cen.
Todo isto fixo que mo recordara, pero non quero ser pesimista, coido que desde a violación e asasinato de Nagore nos Sanfermines do 2016…..algo empezou a mudar e , desde as últimas manifestacións masivas de mulleres , tanto no 8M, como nas últimas convocatorias….queda claro que algo se move….como diría Galileo Galilei…..Así o espero, polas antepasadas, polas presentes e polas futuras…..un mundo de igualdade e de SORORIDADE.
Guillermina Domínguez Touriño