Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
- O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro de 2017 a marzo 2018 e nos períodos xaneiro a xuño, xaneiro a marzo e abril a xuño de 2018. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2018. O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro a decembro de 2018 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.
- O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018, para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro a decembro de 2018. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2018 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.