Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:
Mobilidades Erasmus+ KA102 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:
- Ciclo Medio, 17 mobilidades: 9 de FCTs, 3 de recén titulados e 5 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto e Covilhã) excepto unha, en Reino Unido. Todas con bolsa Erasmus+ KA102 2016 e 2017.
- Ciclo Medio, 4 mobilidades para estudos en Lisboa e Viana do Castelo. Todas con bolsa Erasmus+ KA102 2016 e 2017.
- Ciclos Superiores, 11 mobilidades: 7 de FCTs, 3 de recén titulados e 1 extra curricular. Destinos: Porto, Lisboa, Dublín, Londres e Manchester. Todas con bolsa Erasmus+ KA103 2016 e 2017.
Incoming mobilities:
- 5 mobilidades: 3 alumnos e 2 alumnas do INETE de Lisboa (Portugal), de Informática e Mecatrónica.
Job shadowing:
- 1 mobilidades saínte da profesora Catalina Pérez Gómez ao centro de ensino INETE – Instituto de Educação Técnica (Lisboa, Portugal).
- 1 mobilidade entrante do profesor Hashmit Parker do Colaiste Dhulaigh College of Further Education de Dublín, Irlanda.
Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:
- Ciclo Medio: 14 para prácticas + 2 bolsas de estudos + 1 job shadowing.
- Ciclos Superiores: 16 para prácticas + 1 job shadowing.
Incremento dos importes das axudas para o ano 18/19
- Sobe a axuda económica para realizar a FCT: 2540 euros en países do Grupo 1 (Reino Unido, Irlanda, etc.) ou 2266 euros en países do Grupo 2 (Portugal, Alemaña, etc.). Máis información
Proxectos eTwinning:
- 5 profesores e profesoras, xunto con 1 auxiliar de conversa, 1 estudante de mestrado e o alumnado de SMR e ASIR participamos nun total de 4 proxectos eTwinning: Pek en Babel, Christmas Cards Exchange, Letras Galegas 2018 e AtlânticoVET 2017.
- Durante este ano, recibimos 3 Selos de Calidade Europeos polos proxectos AtlânticoVET, Um tripé para o meu e-book e Green Spots in Town. Este último proxecto tamén gañou un premio nacional en Grecia e o premio Move2Learn, Learn2Move.
- Colaboración coa Embaixada eTwinning Galicia e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, na reedición das guías Proxetos eTwinning Galiza-Portugal e Proxectos eTwinning de FP.
- Concesión do Selo de centro eTwinning (eTwinning School Label) ao IES San Clemente.