Claustro

Ao non ter tempo de comunicarvos no Claustro de profesoras e profesores unha das inquedanzas máis importantes da miña vida e do meu traballo, deixovolo neste espazo, a ver si así consigo que o lea alguén.

Desde a miña “utopía” de vida, e desde a colaboración no Obradoiro de Igualdade,  quería “rogar” ao claustro que fixeramos o esforzo por mellorar a “perspectiva de xénero” e a paridade, na lingua, escrita e oral, e na transmisión de valores en calquera das materias que impartimos que, moitas veces, e sen ser conscientes de facelo, estamos a obviar a diversidade do alumnado na que sae perdendo, como en case todo, o xénero feminino…..como dí a filósofa Mª Xosé Agra “as mulleres somos o colectivo maior de habitantes , tratado coma se fose unha minoría”….

É unha petición que , coido, fará que cheguemos a ser un modelo de igualdade desde as aulas do IES San Clemente e que, aínda que poida costar nun principio, sería moi beneficioso para todas as persoas que o formamos.

De non ter resposta, tería que desaparecer este Obradoiro porque, “unha cousa” que non se le, que non se aplica, que non se “utiliza2, non ten presenza e , polo tanto, deixa de ter sentido.

O noso alumnado é o futuro  ao que debemos axudar a formarse coma persoas e quen de proxectar unha sociedade  máis xusta, máis equitativa, solidaria e paritaria, onde reine a sororidade…..

Sen utopía ….o mundo non tería avanzado……