A lingua inglesa ten unha presencia importante nos ciclos formativos que impartimos. Describimos a continuación algunhas das actividades realizadas ó longo deste curso.
Seccións bilingües
Módulos impartidos usando o inglés e o galego, chamados “seccións bilingües en inglés”:
- Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información (Ciclo Superior de DAM en réxime Ordinario).
- Administración de Sistemas Xestores de Bases de Datos (Ciclo Superior de ASIR en réxime Ordinario).
- Programación Multimedia e Dispositivos Móbiles (Ciclo Superior DAM Ordinario)
- Acceso a Datos (Ciclo Superior de DAM Ordinario)
Clases de lingua estranxeira
Os grupos de alumnos que se indican a continuación recibiron unha hora de clase de inglés semanal integrada no seu horario lectivo, impartida polo profesorado do departamento de inglés e coa colaboración da auxiliar de conversa de EEUU:
- Segundo curso de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, réxime ordinario.
- Primeiro curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, réxime ordinario.
- Segundo curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, réxime ordinario.
- Primeiro curso de Sistemas Microinformáticos e Redes, réxime oridnario.
Proba de nivel
Realizouse unha proba de nivel de inglés, de asistencia voluntaria por parte do alumnado, para que este coñecese o seu nivel de dominio desta lingua e como parte das actividades orientadas a fomentar a certificación oficial do mesmo.
A proba constou de catro partes: comprensión lectora, expresión escrita, comprensión oral e expresión oral, que se avaliaron por separado.
Presentáronse 27 alumnos, dos cales 4 obtiveron o nivel C1, 9 o nivel B2 e 9 nivel B1. Os 5 restantes teñen niveis A1 e A2.
Auxiliar de conversa
Contamos coa colaboración dunha auxiliar de conversa dos Estados Unidos, con ampla experiencia en traballar con alumnado deste nivel educativo.
Esta auxiliar colaborou en múltiples actividades no centro, algunhas das cales son proxectos europeos (eTwinning e Erasmus+), clases de conversa e revisión de materiais didácticos.
Proxectos Europeos e realización de prácticas no estranxeiro
O IES San Clemente participa en proxectos europeos a través dos programas eTwinning e Erasmus+.
O programa eTwinning permite a realización de proxectos nos que participa alumnado de centros de secundaria de distintos países da Unión Europea. Moitas veces a lingua utilizada é o inglés.
Gracias á participación no programa Erasmus+, os alumnos poden realizar prácticas curriculares e extracurriculares noutros países da Unión Europea. Ó longo deste curso houbo alumnos que realizaron prácticas en países tales como Irlanda e Reino Unido, o que lles permitiu non só coñecer como se vive e se traballa noutro país senón tamén mellorar o seu dominio da lingua inglesa.
Clases de conversa
Durante o terceiro trimestre todo o alumnado de ensino presencial do IES San Clemente tivo a oportunidade de asistir a unha hora semanal de clase de conversa en inglés.