Bacharelato a distancia: período extraordinario de matrícula
Rematado o período ordinario de matrícula, ábrese un período extraordinario (ata o 30 de abril de 2019) para a matriculación do alumnado cando concurra calquera das seguintes circunstancias:
- Cando se acredite un cambio na situación laboral.
- En caso de enfermidade prolongada.
- Por calquera outra circunstancia persoal.
O alumnado que desexe matricularse neste prazo extraordinario deberá solicitalo mediante escrito dirixido á dirección e presentalo no centro persoalmente, mediante fax (881867538) ou correo electrónico (ies.sanclemente@edu.xunta.es). O centro poñerase en contacto por medio do teléfono do solicitante.
O período de matrícula nas ensinanzas a distancia da ESA e do Bacharelato, para o vindeiro curso 2018-2019, é o seguinte.
Bacharelato a distancia
|
17 de setembro ao 26 de novembro do 2018 |
ESA a distancia
|
1º cuadrimestre: 3 de setembro do 2018 ao 16 de xaneiro do 2019
|