Cursos CISCO na Aula Mentor xuño 2024

Convocatoria cursos CISCO CyberOps


!! PRAZO DE MATRICULACIÓN PECHADO !!


Informámosvos que desde o día 17 de xuño do 2024 está aberto o período de matriculación nos cursos oficiais de CISCO ata o próximo 8  de setembro do 2024.

9 de setembro do 2024, comezo dos cursos .

Os cursos que se ofertan son os seguintes:

  • CCNA v7: Certificación Académica CISCO en redes de computadores. Dita certificación na versión 7 consta de 3 módulos, tendo cada módulo unha duración de 5 meses. Á súa vez, os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante os cinco meses sinalados. Para poder cursar o módulo 2 é necesario ter previamente o módulo 1 e para poder cursar o módulo 3 é necesario ter previamente o módulo 2 cursado.
    • Módulo 1 CCNA v7: O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas. Descargue o programa do CCNA7 módulo 1 aquí. Duración de 5 meses.
    • Módulo 2 CCNA v7: Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e encamiñamento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións. Descargue o programa do CCNA7 módulo 2 aquí. Duración de 5 meses.
    • Módulo 3 CCNA v7: O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas. Descargue o programa do CCNA7 módulo 3 aquí. Duración de 5 meses.
  • CCNA  CyberOps Associate: O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas, etc.  É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA. Descargue o programa de CyberOps Associate aquí. Duración de 5 meses.

PRAZOS DE MATRICULACIÓN: (ata esgotar prazas)

  • MATRICULACIÓN: 17 de xuño do 2024 ata o 8 de setembro do 2024.
  • COMEZO DOS CURSOS: 9 de setembro do 2024.

PROCEDEMENTO DE MATRICULACIÓN: os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración de 5 meses os cursos CCNAv7, CCNA  CyberOps Associate e Dev Net v1, o que conleva un prezo pechado dos mesmos de 120€.

No devandito prezo está incluída a posibilidade de obter a certificación oficial do curso correspondente, realizando o exame presencial no IES San Clemente.

Hai 2 opcións de pago á hora de facer a matrícula:

A. Pago único coa totalidade do prezo de cada curso:

  • CCNA:
    • Módulo 1 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
    • Módulo 2 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
    • Módulo 3 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
  • CyberOps Associate: 120€ (duración 5 meses)

B. Ou ben pago fraccionado en 2 partes: o pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e posteriormente teredes que facer unha recarga co resto do custo (72€) antes de que comece o terceiro mes do curso (utilízase o mesmo formulario que o de matrícula para facer recargas).

  • CCNA v.7:
    • Módulo 1 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
    • Módulo 2 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
    • Módulo 3 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
    • CyberOps Associate: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)

A matrícula, como en todos os cursos Mentor, podédela facer desde aquí, totalmente en liña:

Preguntade calquera dúbida en:

santiagodecompostela@aulamentor.es

ou chamando ao número 881 867 525.