O grupo de alumnos de ASIR participantes no proxecto eTwinning + Lanzadeiras Coruña (Eduemprende) Green Spots in Town, seleccionado pola iniciativa da UE Move2Learn, Learn2Move, finalmente escolleu como destino París, co obxectivo de visitar o alumnado do Lycée des Métiers Louis Bleriot de Trappes, co que traballaron no proxecto eTwinning Pek, a Pulga Viaxeira.
Como podedes comprobar nas fotos, houbo tempo para facer turismo e para asistir ás clases do Lycée, dúas de Inglés, unha de Informática en francés e dúas de Español, coa participación activa do noso alumnado.
Queremos agradecer o traballo, esforzo e interese de quen fixo posible esta aventura: o persoal do IES San Clemente e do Lycée Louis Bleriot, en especial a profesora Murièle Dejaune, a UE e por suposto o propio alumnado participante.