Mobilidades para prácticas no estranxeiro – SMR – Difusión 2018

No día 25.09.18 contamos coa presenza de Leticia Tuñas e Alejandro Buján, ex alumnos do ciclo medio SMR, que compartiron a súas experiencias de vida e traballo en empresas do Porto e Lisboa, realizando mobilidades de estudos e o módulo da FCT. Ambos alumnos cursaron a sección bilingüe en portugués SOR de 2SMR.

Tamén contamos coa intervención de varios alumnos de SMR que falaron sobre as súas prácticas extra curriculares de verán en Portugal.

 

 

Está aberto o prazo para que o alumnado de calquera ciclo poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar a FCT en primavera de 2019 e prácticas extra curriculares de verán ou de recén titulado, cubrindo este formulario.

Máis información: