Ola benvidas e benvidos a este obradoiro no que tentamos facer camiño na andaina da liberdade e a igualdade real das mulleres e homes nun mundo máis que inxusto e desigual. Para iso, procuramos poñervos de xeito cotiá en relación coas “novas” que se producen nese campo, cousa nada doada, pois xa nos gustaría que non houbera moitas das novas que se comunican desde este obradoiro…..A violencia de xénero, a violencia machista, xa leva máis de 35 mulleres no que levamos de ano ….e, o peor, que non se atalla desde onde se ten que atallar….cando escoitades falar de “perspectiva de xénero”….é como si fose un “invento feminista” de última hora ….pois non, a perspectiva, sexa do que sexa, é precisa en tódolos campos e neste tamén….precisamos perspectiva para entender culturas diferentes, para comprender e solidarizarmos con outras expresións artísticas ou de vida cotiá…o que nos pode parecer “normal” nunha cultura, non o é noutras e temos a obriga moral de intentar comprendelo….así, a perspectiva de xénero nos axudará a entender as dificultades que calquera muller ten polo só feito de selo, muller, en moitas cuestións da vida cotiá, como o heteropatriarcado apoderouse, en xeral, de leis, manifestacións sociais, populares artísticas….actitudinais ….co que ás veces considérase impropio das mulleres e non tanto dos homes…..Para construir un mundo igualitario, temos que desaprender….e ter perspectiva , neste caso, de xénero, para poder empatizar cos problemas que trae consigo o feito de nacer muller….Nin que dicir ten que temos avanzado desde fai 40 ou 50 anos, grazas , entre outras cousas, pero sobre todo, ao labor do Feminismo como filosofía de vida, como filosofía da igualdade….nunca da violencia, do sometemento, da humillación….iso pertence ao machismo, do que está impregnada a sociedade, unha sociedade que se chama democrática a si mesma, non pode consentir actitudes machistas de xeito cotiá, na rúa, no traballo, na escola….en ningún sitio….corrixilo depende de todas e todos, corrixilo significa desde falar con propiedade utilizando os xéneros convenientemente, ata non consentir frases, actitudes e situacións que,ás veces, consintense por “non quedar mal”, por “non desentonar”, por “non discutir”…..flaco favor nos facemos de non corrixir todo iso e máis…..Desde a Educación temos un campo moi amplo para facelo, pero para iso tamén fai falla a “perspectiva de xénero” por parte do profesorado, pero tamén do alumnado que o podería demandar e si non o fai é porque non se dad de conta da transcendencia que pode chegar a ter esa carencia de formación feminista na súa vida.
Con ese ánimo e con este pequeno espazo, tentarei traballar no que considero o único futuro para a humanidade.
Grazas.
Guillermina Domínguez Touriño
profa do IES San Clemente (Hª e Arte 2º de Bach)