9º Concurso de felicitacións de Aninovo

9º Concurso de felicitacións de Aninovo

  • O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o 9º Concurso de felicitacións de Aninovo.
  • Poderá participar todo o alumnado do centro (ESA, bacharelato e FP).
  • Tema: “O Aninovo”.
  • As postais realizaranse en tamaño A5. A técnica e o deseño serán libres e deberá incluír algún desexo ou mensaxe orixinal para o ano 2019 en lingua galega (evitar os típicos “Feliz Aninovo”, “Bo 2019”, etc).
  • Os traballos deben ser dixitalizados e presentados en formato PNG, con resolución 300dpi e tamaño A5 (1754x2480px) enviándoos a edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais.
  • Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais (non poden ser usadas imaxes de outra autoría) e inéditos.
  • O prazo de admisión das postais rematará o 9 de decembro ás 23:59 horas.
  • Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, todos eles en material escolar, informático ou libros. Non se poderán declarar desertos. Os traballos premiados publicaranse na web do instituto.
  • O Instituto San Clemente realizará unha exposición virtual con todos os traballos presentados a concurso e poderá utilizar a postal do 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativa e externos ao centro.
  • O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao centro.
  • O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer antes das vacacións de Nadal.
  • A participación no concurso supón a aceptación destas bases.