Ola a toda persoa que lea este blog, desde Compostela en Negro, participaronnos que o día 23N, haberá unha concentración na Praza do Obradoiro e leerase un comunicado no que participarán os IES de Compostela e algúns máis, así como algunha alumna lendo partes dese comunicado. Hoxe tiña que achegar un nome ao concello da alumna , pero non hai ninguén que se “anime” a facelo, polo tanto eu achegareime á concentración , se quere vir alguén xa tendes a data e hora publicada na información.
O feminismo é unha Filosofía e como tal precisa do pensamento, da reflexión e, a posteriori, da concienciación; non é, por suposto, nin un elemento para facer ou engadir ao curriculum, nin unha participación puntual….agradezo como feminista e colaboradora neste obradoiro, calquera manifestación dado que o traballo que facemos quen somos feministas – mulleres e homes- non é un traballo para nos….é un traballo para unha sociedade mellor e futura xa que probablemente, como Miss Pankhurst, non veremos os logros….pero paga a pena facer conquistas de dereitos , aínda que eses dereitos ….hai que conservalos….
Eu seguirei agradecendo este espazo , onde agardar as vosas opinións e reflexións….grazas
Guillermina dominguez touriño