Obradoiro de cinema

No 30 de novembro de 2018 contamos coa presenza de Andrés Goteira e Suso López, de Gaitafilmes, grazas á campaña da Deputación da Coruña O galego, a miña lingua propia.

Os nosos convidados realizaron un obradoiro de cinema de tres horas, xunto co alumnado de 1SMR, que participou activamente na rodaxe dunha escena.

 

Esta actividade, iniciativa do EDLG (Plan Proxecta PIDL), pretende demostrar que o galego é plenamente válido en calquera ámbito, mesmo para realizar cinema (tanto como lingua vehicular como no produto final), conseguindo proxectar a nivel internacional.

Galería de imaxes de Urdime: