2019….Nin unha Máis….Nunca Máis

Pensaba que nunca tería que ter que aclarar termos tan elementais, pero ante o que estou a ver nos medios, nas RRSS, e escoitar , coido conveniente diferenciar a VIOLENCIA DOMÉSTICA da VIOLENCIA DE XÉNERO.

  • A Violencia doméstica, é a que se produce nun entorno de convivencia entre persoas dun núcleo familiar e xa está protexida polo Código Penal.
  • A Violencia de Xénero, exercese sobre a Muller, polo feito de ser muller e busca perpetuar “a desigualdade, a subordinación e as relacións de poder dos homes sobre das mulleres. (implantouse en España no ano 2004).
  • Mesturar termos e tentar unir as diferentes violencias coma se todas estiveran ao mesmo nivel, é querer ocultar a violencia contra das mulleres, machista, é esconder unha durísima realidade para que non se coñeza ben a súa dimensión e as súas consecuencias, é normalizar, encubrir e non querer visibilizar a construción do machismo.

A quen lle pode molestar unha lei contra machistas, maltratadores, violadores, pederastas e asasinos???….Pois, está claro que a Machistas, maltratadores, violadores, pederastas e asasinos.

(Carlota Miranda)

Isto é unha reflexión cara a que se comprenda dunha vez por todas o concepto claro de violencia machista.

Guillermina