Os alumnos de 1º ano do ciclo Plurilingüe SMR José Carretero e Víctor Caneda están asistindo a clases de FP Programador/a de Informática no Agrupamento de Escolas Carlos Amarante de Braga, por medio do proxecto AtlânticoVET de Erasmus+.
Teñen un horario combinado de clases na escola e prácticas nunha empresa local, iLoja, realizando principalmente tarefas de reparación.
Esta é a cuarta vez que o IES San Clemente envía alumnos ao estranxeiro para realizar estudos e a experiencia está sendo moi enriquecedora segundo nos relatan os protagonistas no blogue do proxecto.
Máis información: