4º Certame de relato breve

B A S E S

1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 4º Certame de relato breve.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS.
3. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego, en calquera das súas variantes.
4. A extensión máxima do relato é de 300 palabras. Non hai extensión mínima.
5. Os traballos, en formato odt, doc ou docx, deberán enviarse por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais do/da participante.
6. O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 28 de febreiro de 2019 ás 23:59 horas.
7. Os relatos seleccionados serán publicados polo EDLG e os autores e autoras recibirán un certificado de participación, un exemplar impreso da publicación e un pequeno presente.
8. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro.
9. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer antes da Pascua.
10. A participación no certame supón a aceptación destas bases.