Por cuarto ano consecutivo os membros do Equipo de Seccións Bilingües organizamos as Probas de Acreditación de Nivel de Inglés para o alumnado de Ciclos. As probas tiveron lugar o mércores 19 de decembro durante toda a mañá.
Coa participación do alumnado nas mesmas buscamos, en primeiro lugar, que o alumnado tome conciencia do seu nivel de competencia nas distintas destrezas no idioma estranxeiro para traballar nos seus puntos débiles na aula e, en segundo lugar, para animalo a prepararse para os exames da Escola de Idiomas ou ben de Cambridge e acadar a Certificación no nivel correspondente.
O mércores 19 de decembro realizamos no centro as probas correspondentes aos tres niveis B1, B2 e C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL). Houbo un total de 33 alumnas e alumnos presentados. Agradecemos a participación do alumnado nas mesmas xa que logo viñan de remataren os duros exames da 1ª Avaliación.
Os resultados foron os seguintes:
- Na proba de B1: dos 20 apuntados, presentáronse 16, dos cales animamos a cinco a presentarse ás probas adicando máis tempo ao writing e ao speaking. Os demais precisan mellorar en xeral en todas as destrezas para poder superar a proba.
- Na proba de B2: dos 11 presentados (24 apuntados), 6 aproban con facilidade con media de 6/7. Os 5 restantes precisan mellorar determinadas destrezas, en especial na redacción e na parte oral.
- Na proba de C1: dos 6 presentados (10 apuntados), 4 teñen moitas posibilidades de acadar a certificación. Aos outros dous animámolos a mellorar o speaking para acadar o certificado.
Desde aquí enviamos o noso parabén ao alumnado participante. Queremos animalos a preparar ben a proba de certificación oficial á que decidan presentarse, na escola oficial de idiomas ou Cambridge.
Aquí tedes os links para mirar a información sobre a matrícula e o calendario de exames. Animádevos e acreditade o voso nivel de inglés xa!
http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/matricula_libre
https://elcentrobritanico.es/ex%C3%A1menes-de-cambridge-certifica-tu-nivel