A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca a Proba para a obtención do Título da ESO para maiores de dezaoito anos no ano 2019.
REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
a) Ser maior de 18 anos ou cumprir esa idade antes da realización da proba.
b) Non estar en posesión do título da ESO ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar nin teren estado matriculada da ESO polo sistema ordinario nin na FP básica no curso escolar 2018/19.
d) O alumnado matriculado na ESO de adultos no curso 2018/2019 poderá matricularse nesta proba libre sempre que:
d.1) Para presentarse á primeira convocatoria, debe solicitar a baixa no segundo cuadrimestre e renunciar á avaliación extraordinaria do primeiro cuadrimestre.
d.2) Para presentarse á segunda convocatoria, debe renunciar á avaliación extraordinaria do segundo cuadrimestre.
PRAZO E LUGAR DE INSCRICIÓN:
O prazo para realizar a inscrición nestas probas será:
- Primeira convocatoria (maio) entre o 11 de marzo e o 22 de marzo de 2019.
- Segunda convocatoria (setembro) entre o 1 de xullo e o 8 de xullo de 2019.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
As solicitudes deberán presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou en papel nos seguintes centros:
- Santiago de Compostela, alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
- Santiago de Compostela, alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
- A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
- Ferrol: Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
- Carballo: IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
- Pontevedra, alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
- Pontevedra, alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
- Vigo, alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
- Vigo, alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
- O Porriño: IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
- Tui: IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
- Vilagarcía de Arousa: IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.
- Lugo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
- Ourense: Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
Solicitude en papel: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_formatado_ed534a-galego.pdf
Inscrición na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED534A
DOCUMENTACIÓN PARA INSCRICIÓN:
As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación :
a) Copia, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.
b) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
c) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
DATA DAS PROBAS:
As probas terán lugar o día 24 de maio de 2019 (primeira convocatoria) e o 6 de setembro de 2019 (segunda convocatoria), en sesións de mañá e de tarde.