Durante o mes de marzo de 2019, o IES San Clemente acolle a exposición itinerante da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Recursos Naturais de Galicia, iniciativa conxunta do EDLG e do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Nesta exposición descríbense os recursos enerxéticos e minerais dos que dispón Galicia e faise unha breve descrición técnica de como é o seu aproveitamento actual e a restauración dos Espazos Naturais afectados tras o seu aproveitamento.
Así, destácanse fontes de enerxía alternativas como a enerxía hidráulica, eólica, xeotérmica, solar e a obtida da queima de biomasa; e fontes de riqueza mineral en Galicia como son o granito, os áridos para a construción, a lousa e as augas minerais. Tamén se amosa a importancia dos Materiais de tanta relevancia en Galicia así como a reciclaxe destes.