A nosa exposición enREDada “MatematicARTE” tornouse itinerante e vai percorrer outros centros educativos.
Actualizaremos este artigo co nome dos centros e con novas fotografías na galería.
- IES n1 de Ordes
- IES de Arzúa
- IES Espiñeira de Boiro
- IES Leliadoura
- IES María Sarmiento
- IES de Maceda
.
Actividades desenvolvidas polo departamento de Matemáticas do IES San Clemente.
1.- Actividade realizada nas clases de Xeometría na Facultade de Ciencias da Educación da USC, co material de MatematicARTE
Cada grupo de 3 alumnos e alumnas tiña un xogo de imaxes coa relación de datos que identifican cada unha das fotos e o motivo matemático. Despois duns minutos véndoas, entregóuselles a ficha dos lemas para intentaren identificar a que foto se correspondía cada un delas.
Algúns dos lemas adáptanse a dúas ou tres fotos, o que xera certa ambigüidade, certa dificultade.
Con todo, preferimos manter os lemas que autoras/es propuxeron e, asemade, tomar conciencia de que esas situacións son consubstanciais ás propias Matemáticas, e son tópicos que se estudan nos currículos de Primaria e Secundaria,
- a descomposicion dun número en sumas ou en factores,
- a raíz cadrada,
- os sistemas compatibles indeterminados,
- a descomposición por partes dunha función..
responden precisamente a esas situacións nas que é factible encontrar varios camiños, varias solucións.
.
- Para cada foto hai unha ficha e un lema.
- Os lemas danse todos xuntos, desordenados.
- As fichas e as fotos, tamaño pequeno, danse baralladas.
3.- Artigo do ano 2020/2021 sobre Isaac Díaz Pardo