Medalla de bronce – SpainSkills

O alumno Alejandro Buján Pampín acadou a medalla de bronce na modalidade de TIC Administración de Sistemas en Rede do campionato nacional de Formación Profesional, SpainSkills 2019, organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla celebrado en Madrid entre o 27 e o 29 de marzo de 2019.

Alejandro é alumno de 1º do CS de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e foi titorizado polos profesores Bruno Vila Vilariño e Víctor M. Martínez Taboada.

Carmen Viñas, directora do IES San Clemente, xunto a Alejandro Buján e Víctor M. Martínez despois da cerimonia de entrega de medallas que se celebrou en IFEMA.

 

No seguinte vídeo pode verse a entrega de medallas da modalidade de TIC Administración de Sistemas en Rede durante a ceremonia de clausura do SpainSkills 2019.

 

Delegación galega despois da cerimonia de entrega de medallas.

Un total de nove alumnas e alumnos galegos acadaron medallas en oito especialidades:

Medallas de ouro

Panadaría: Yamila Sidati Novo – CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Ebanistería: Brais Mosquera Fuentes – CIFP Someso (A Coruña)

Medalla de prata

CNC Fresado: David Ucha Pérez – IES Politécnico de Vigo (Vigo)

Medallas de bronce

Tecnoloxía do automóbil: Brais Fernández Rocha – IES As Mariñas (Betanzos)

Mecatrónica: Leonardo Arturo Lanzoy Saavedra e Rafael Regueiro Carballeira – CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Cociña: Víctor Paz Soage – CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Atención sociosanitaria: Iria Díaz Granja – IES Lamas de Abade (Santiago)

Administración de sistemas en rede: Alejandro Buján Pampín – IES San Clemente (Santiago)