No mes de marzo, o alumnado da sección bilingüe de Portugués FH de 1ASIR e do ciclo plurilingüe SMR, realizou unha proba modelo de nivel B1, co obxectivo de comprobar cal é o seu nivel real de coñecemento da lingua e como preparación para o exame do CAPLE, da Universidade de Lisboa, que 27 deles realizarán nos meses de maio e xullo.
Os resultados son:
- 1ASIR: 100% – 21 aprobados de 21 candidatos: 2 B2, 16 B1 e 3 A2.
- 1SMR: 96% – 25 aprobados de 26 candidatos: 19 B1 e 6 A2.
Damos os parabéns ao noso alumnado polos excelentes resultados obtidos e desexámoslle moita sorte nos exames oficiais!