O alumnado de FOL realizou unha serie de vídeos relacionados coa brecha salarial e o teito de cristal. Varios foron seleccionados no Certame de micro vídeos, e con todos eles, seleccionados ou non, creamos esta lista de YouTube. O importante, neste Obradoiro da Igualdade, é darlle visibilidade ao traballo e concienciar na igualdade e na NON violencia machista. É un material interesante e queremos darlle valor e visibilidade.