Recepción do presidente da Xunta ao alumnado premiado no SpainSkills 2019

O martes 23 de abril o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu ao alumnado que acadou medalla nas Olimpíadas Nacionais de Formación Profesional, SpainSkills 2019, na residencia oficial de Monte Pío. Ao acto tamén asistiron a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional,  Carmen Pomar Tojo, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López, a subdirectora xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez Fernández, ademais dos directores e titores do alumnado.

A nosa Comunidade participou nun total de 26 modalidades no Spainskills 2019, nas que nove alumnas e alumnos galegos acadaron medallas.

COMPETICIÓN ALUMNAS/OS TITORAS/ES CENTRO
Medalla de ouro
Panadaría Yamila Sidati Novo Avelina Amado Fernández CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)
Ebanistaría Brais Mosquera Fuentes Benigno Rafael García Amor CIFP Someso (A Coruña)
Medalla de prata
CNC Fresado David Ucha Pérez Javier Fondevila Blanco IES Politécnico de Vigo (Vigo)
Medalla de bronce
Tecnoloxía do automóbil Brais Fernández Rocha Miguel Vilela González IES As Mariñas (Betanzos)
Mecatrónica

Leonardo Arturo Lanzoy Saavedra

Rafael Regueiro Carballeira

José Antonio Gómez Rodríguez CIFP Ferrolterra (Ferrol)
Administración de sistemas en rede Alejandro Buján Pampín

Bruno Vila Vilariño

Víctor M. Martínez Taboada

IES San Clemente (Santiago de Compostela)
Cociña Víctor Paz Soage Antonio Vieira Armada CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)
Atención sociosanitaria Iria Díaz Granja Mª Cristina Robledo Trabanco IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

En representación do IES San Clemente acudiron ao acto a directora do centro, Carmen Viñas Álvarez, Alejandro Buján Pampín e os titores Bruno Vila Vilariño e Víctor M. Martínez Taboada.

No seu discurso, o presidente da Xunta remarcou a aposta do Goberno galego polos estudos de formación profesional, nos que se teñen incrementado un 50% o número de prazas nos últimos anos, e a súa importancia na mellora da economía galega.

Vídeo CRTVG

Co gallo do Día do Libro, Carmen Viñas obsequiou a Alberto Nuñez Feijóo coa biografía de Emilia Pardo Bazán da historiadora e catedrática Isabel Burdiel (colección “Españoles eminentes” da Ed. Taurus), resaltando a vixencia da súas reivindicacións sobre os dereitos das mulleres e o feminismo.