Proceso de reclamación para Ciclos Formativos

Segundo se especifica na Orde de 12 de xullo de 2011 (DOG do 15 de xullo de 2011), e conforme o establecido no artigo 13.4.º do Real decreto 732/1995, de 5 de maio, polo que se establecen os dereitos e os deberes do alumnado e as normas de convivencia nos centros, os alumnos e as alumnas, no caso de ser maiores de idade, ou seus pais e súas nais, así como os seus titores e as súas titoras legais, no caso de non selo, poderán reclamar ante a dirección do centro as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

Tal e como figura no calendario de ciclos formativos, publicado ao comezo do curso, as reclamación das cualificacións da avaliación final poderanse facer os días 26 e 27 de Xuño.

O alumnado que non estea conforme coas cualificacións do profesorado poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 27 de Xuño ás 12:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Unha vez revisado o exame polo departamento, informaráselle ao alumnado da decisión adoptada nun prazo máximo de cinco días dende a presentación da reclamación. Se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefatura territorial no prazo dun mes a partir da súa notificación. O recurso pódese presentar na Secretaría do centro.

Nota importante: non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada.