Xornada Edulingüe 2019

Nas Xornadas galegas de linguas estranxeiras. Curso 2018-2019 “EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras”, organizadas pola Consellaría de Educación, o IES San Clemente estivo representado por dous ex alumnos que falaron sobre a súa experiencia cursando seccións bilingües e a continuación realizando prácticas no estranxeiro a través de Erasmus+:

  • Alex Calo: sección bilingüe en portugués do ciclo medio SMR.
  • Óscar Vidal: seccións bilingües en portugués e inglés do ciclo superior ASIR.

Chío do CAFI
Chío do CAFI

Queremos compartir a reflexión de Óscar sobre a súa participación na xornada:

“Foi unha situación sorprendente e indescritible: que nos visen a nós como un referente para promover as linguas estranxeiras entre os alumnos e que a nosa experiencia se teña en conta para melloralo, é algo moi especial. Pero tamén se debe ao San Clemente e aos esforzos que facedes os mestres, obrigado!!”

Obrigados nós, Óscar!