Como celebración do Día da Europa e do eTwinning Day, o alumnado e profesorado do módulo bilingüe en portugués Fundamentos de Hardware, de 1ºASIR, desprazáronse á escola ETAP de Viana do Castelo para realizaren unha visita de estudos integrada no proxecto eTwinning Um parafuso a menos.
Asistiron a unha conferencia, visitaron a Mostra de Ensino Profissional onde interactuaron cos participantes do proxecto e con outro alumnado e profesorado da ETAP e, finalmente, visitaron a cidade e o navío museo Gil Eannes.
Podedes ver máis información, vídeo e fotos no TwinSpace do proxecto.