ARTEspazo Autoestima en Compostela

No 19 de xuño de 2019 inauguramos a exposición enREDada ARTEspazo Autoestima, no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.

Esta exposición reúne obras do alumnado do CEIP de Sestelo-Baión, IES Leliadoura de Ribeira e IES de Poio.

Conta co patrocinio da International Society for Education through Art (InSEA) e está integrada no proxecto da Universidade Autónoma de Madrid ARTEspacios levado a cabo con motivo da VIII Semana da Educación Artística UNESCO, que reclama unha maior presenza da arte no ensino secundario.

Pódese visitar até mediados de setembro no IES San Clemente e durante o próximo ano escolar nos outros tres centros educativos participantes.

Catálogo
Galería
Máis información