A lingua inglesa nos ciclos de Informática no curso 2018/19

A lingua inglesa está a ter unha presencia moi relevante nos ciclos formativos que impartimos no San Clemente. Describimos a continuación algunhas das actividades realizadas ó longo deste curso.

Seccións bilingües   

Módulos impartidos en inglés e galego denominados «Seccións Bilingües en inglés»:

  • Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información (Ciclo Superior de DAM en réxime Ordinario).
  • Servizos de rede e Internet (Ciclo Superior de ASIR en réxime Ordinario).
  • Programación Multimedia e Dispositivos Móbiles (Ciclo Superior DAM Ordinario)
  • Acceso a Datos (Ciclo Superior de DAM Ordinario)

Clases de lingua estranxeira     

Os grupos de alumnado dos seguintes cursos referidos a continuación tiveron unha hora de clase de inglés semanal integrada no seu horario lectivo, impartida polo profesorado do Departamento de Inglés e coa colaboración de Maggie Ryan, a Auxiliar de Conversa de EEUU:

  1. Segundo curso de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, réxime ordinario.
  2. Primeiro curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, réxime ordinario.
  3. Primeiro curso de Desenvolvemento de Aplicacións Web, réxime ordinario.
  4. Segundo curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, réxime ordinario.
  5. Segundo curso de Sistemas Microinformáticos e Redes, réxime ordinario.

   Proba de nivel

O mércores 19 de decembro realizamos no centro as probas correspondentes aos tres niveis B1, B2 e C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL). Houbo un total de 33 alumnas e alumnos presentados.

Os resultados foron os seguintes:

Na proba de B1: dos 20 apuntados, presentáronse 16, dos cales animamos a cinco a presentarse ás probas adicando máis tempo ao writing e ao speaking. Os demais precisan mellorar en xeral en todas as destrezas para poder superar a proba.

Na proba de B2: dos 11 presentados (24 apuntados), 6 aproban con facilidade con media de 6/7. Os 5 restantes precisan mellorar determinadas destrezas, en especial na redacción e na parte oral.

Na proba de C1: dos 6 presentados (10 apuntados), 4 teñen moitas posibilidades de acadar a certificación. Aos outros dous animámolos a mellorar o speaking para acadar o certificado.

Auxiliar de Conversa 

Contamos coa colaboración da AdC, Maggie Ryan dos Estados Unidos, un cuarto ano máis coa experiencia en traballar con alumnado deste nivel educativo.
A nosa auxiliar colaborou activamente en múltiples actividades no centro tales como: proxectos europeos (eTwinning e Erasmus+), clases de conversa, revisión de materiais didácticos e publicación de artigos na web do centro.

Concurso de vídeo “Farewell to Maggie”

O alumnado das Seccións Bilingües tivo a ocasión de participar no concurso de vídeo organizado para despedir a AdC, Maggie Ryan, que marcha despois de catro anos como Auxiliar de Inglés no IES San Clemente.

Programas Europeos e realización de prácticas no estranxeiro

O IES San Clemente participa en proxectos europeos a través dos programas eTwinning e Erasmus+.
O programa eTwinning permite a realización de proxectos nos que participa alumnado de centros de secundaria de distintos países da Unión Europea. Moitas veces a lingua utilizada é o inglés. Como exemplo, o alumnado de 1º DAM colaborou na tradución do artigo da wikipedia sobre Antón Fraguas https://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Fraguas

Gracias á participación no programa Erasmus+, os alumnos poden realizar prácticas curriculares e extracurriculares noutros países da Unión Europea. Ó longo deste curso houbo alumnos que realizaron prácticas en países tales como Irlanda e Reino Unido, o que lles permitiu non só coñecer como se vive e se traballa noutro país senón tamén mellorar o seu dominio da lingua inglesa.