Informe da Secção Bilingue em Português Fundamentos de Hardware, do ciclo superior Administração de Sistemas Informáticos em Rede.
Durante o presente ano escolar, o módulo FH de 1ASIR cumpriu o cuarto ano como sección bilingüe, utilizando o portugués como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, etc.
Estes foron os puntos indicados na memoria desta sección bilingüe:
Aspectos positivos:
- Fixemos exames modelo do CAPLE-FLUL. 21 aprobados de 21 candidatos: 2 B2, 16 B1 e 3 A2.
- 10 estudantes examináronse e certificaron o B1 no CAPLE coa axuda económica do IES. No próximo ano, máis.
- 2 mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Portugal.
- Proxecto eTwinning Um parafuso a menos coa ETAP, un centro de FP Informática de Viana do Castelo. Practicamos a oralidade gravando pequenos audios e a escrita con presentacións colaborativas. Visita á ETAP.
Propostas de mellora:
- Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación e á plataforma eTwinning Live.
- Que a Consellaría pague as taxas dos exames oficiais de LE do alumnado, tal e como anunciou que ía facer pero finalmente non fixo.
Balance do primeiro ano do Ciclo Bilingue em Português Sistemas Microinformáticos e Redes, cuxo módulo Aplicações Ofimáticas foi impartido en lingua estranxeira.
Ademais, estreamos con éxito o Ciclo Estrela PluriFP SMR, co módulo AO impartido integramente en portugués e traballando en asociación cun centro homólogo de Braga: AE Carlos Amarante. Neste caso, o ciclo aínda non concluíu e a formación do alumnado continuará no próximo ano.
Estes son os resultados parciais a día de hoxe:
- Exames modelo do CAPLE-FLUL. 25 aprobados de 26 candidatos: 19 B1 e 6 A2.
- 5 alumnos examináronse oficialmente do B1 no CAPLE na convocatoria de maio, coa axuda económica do IES. Certificaron 3. Outros 7 van facelo en xullo, no Porto (actualización: certificaron 6). O resto ten pensado facelo en novembro de 2019 ou maio de 2020.
- 6 mobilidades Erasmus+ para estudos en Braga, Viana do Castelo e Lisboa.
- 11 mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Braga, Covilhã e o Porto.
- Proxecto eTwinning GaliMinho – Empreendedorismo da Eurorregião co AE Carlos Amarante, un centro de FP Informática de Braga. Visita ao centro asociado.
- Resumo dos traballos realizados en AO en portugués.
- Outras accións relacionadas co ciclo PluriFP: reunión coas familias / Rumo ao B1