Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:
Mobilidades Erasmus+ KA116 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:
- Ciclo Medio, 19 mobilidades: 5 de FCTs, 2 de recén titulados e 12 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto, Covilhã e Braga) excepto unha, en Italia (Turín). Todas con bolsa Erasmus+ KA102 2017 e Erasmus+ KA116 2018.
- Ciclo Medio, 2 mobilidades para estudos en Braga (Portugal). Todas con bolsa Erasmus+ KA116 2018.
- Ciclos Superiores, 16 mobilidades: 8 de FCTs, 3 de recén titulados e 5 extra curriculares. Destinos: Porto, Lisboa, Berlín, Dublín, Londres e Manchester. Todas con bolsa Erasmus+ KA103 2017 e 2018.
Incoming mobilities:
- 1 mobilidade: 1 alumna do colexio KBS de Nordhorn (Alemaña), realizou as súas prácticas de Secretariado Bilingüe nunha empresa de Santiago de Compostela.
Job shadowing:
- 1 mobilidade saínte KA103 do profesor Juan Morillo Fernández á empresa Aeria Games, en Berlín.
- 1 mobilidade saínte KA116 do profesor Marcos Vence Ruibal á empresa Binary Potential, en Viana do Castelo.
Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:
- Ciclo Medio: 16 para prácticas e estudos + 1 job shadowing.
- Ciclos Superiores: 17 para prácticas + 2 job shadowing.
Incremento dos importes das axudas:
- Sobe a axuda económica para realizar a FCT: 2540 euros en países do Grupo 1 (Reino Unido, Irlanda, etc.) ou 2266 euros en países do Grupo 2 (Portugal, Alemaña, etc.). Máis información
- Sobe a axuda extra que o IES achega ás bolsas para ciclos superiores.
Difusión:
- Estudo de Impacto Erasmus+ 2019
- Xornada Edulingüe 2019
- Mobilidades para prácticas no estranxeiro – ASIR, DAM e DAW – Difusión 2018
- Mobilidades para prácticas no estranxeiro – SMR – Difusión 2018
- Blogue dos participantes: AtlânticoVET
Proxectos eTwinning:
- 9 profesores e profesoras, xunto con 2 auxiliares de conversa, 1 estudante de mestrado e o alumnado de SMR e ASIR participamos nun total de 6 proxectos eTwinning: Um parafuso a menos, GaliMinho – Emprendedorismo da Eurorregião, Pek, a Pulga Viaxeira #5, Christmas Cards Exchange, Letras Galegas 2019 e AtlânticoVET 2018.
- Durante este ano, recibimos un Selo de Calidade Europeo polo proxecto Pek, a Pulga Viaxeira, en Babel.
- Colaboración coa Embaixada eTwinning Galicia no pago e mantemento do seu sitio web.
- Concesión do Selo de centro eTwinning (eTwinning School Label) ao IES San Clemente.
- Celebración do Día internacional da Internet segura 2019