Praza.gal publicou un artigo moi interesante que analiza a situación actual do ensino de Portugués na Galiza.
Entre outras persoas, entrevistaron á directora do IES San Clemente, Carmen Viñas, que menciona os estudos de Portugués 2LE en bacharelato, as seccións bilingües dos ciclos SMR e ASIR, o recén estreado Ciclo Plurilingüe SMR e as mobilidades Erasmus+.
Como destaque, a idea de que é importante aprender a lingua para ter oportunidades de emprego, non só no estranxeiro, tamén na Galiza.
O sinuoso camiño do portugués en Galicia: “Percebo mas não escrevo”