O profesorado e alumnado participante nos proxectos Letras Galegas 2019 – Antón Fraguas Fraguas, GaliMinho – Emprendedorismo da Eurorregião e Um parafuso a menos, co seu magnífico traballo, conseguiron que os avaliadores do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade.
Destacamos o primeiro selo de calidade do profesor Alexandre Dapena, que tamén conseguiu que o proxecto Letras Galegas recibise por primeira vez o selo de calidade en España, tras nove edicións.