O día 23.09.19 tivo lugar no IES San Clemente unha charla informativa acerca das mobilidades Erasmus+, unha oportunidade que se lle brinda ó noso alumnado de ciclos formativos. Explicamos con detalle o funcionamento do programa e resolvimos tódalas dúbidas que xurdiron.
Contamos coa presenza de Alejandro Viño, que realizou a Formación en Centros de Traballo correspondente ó ciclo ASIR en Dublín, así como Michelle Maldonado e Ángel Mosteiro, alumnos de ASIR que realizaron prácticas extra curriculares en Oporto durante o verán. Explicáronnos como se decidiron, o reto que supuxo ir ó estranxeiro e, unha vez alí, atopar aloxamento, integrarse na empresa, coñecer xente, etc. Déronnos moi bos consellos e, sobre todo, aconselláronnos ir. Eles repetirían.
Está aberto o prazo para que o alumnado de calquera ciclo poida solicitar unha bolsa Erasmus+ cubrindo este formulario.