En outubro de 2019 pódese visitar a exposición enREDada ARTEspazo Autoestima, no IES Leliadoura, de Santa Uxía de Ribeira.
Esta exposición reúne obras do alumnado do CEIP de Sestelo-Baión, IES Leliadoura de Ribeira e IES de Poio.
Conta co patrocinio da International Society for Education through Art (InSEA) e está integrada no proxecto da Universidade Autónoma de Madrid ARTEspacios levado a cabo con motivo da VIII Semana da Educación Artística UNESCO, que reclama unha maior presenza da arte no ensino secundario.