Un paso importante para construir unha sociedade igualitaria entre mulleres e homes implica ser conscientes da existencia destos micromachismos e da gran dimensión que a suma destas “pequenas” accións teñen.
Por isto, o pasado 25 de novembro, con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, todo a comunidade do IES San Clemente foi invitada a deixar por escrito nun buzón aqueles micromachismos cos que convivimos no día a día e que máis lles chaman a atención.
As respostas recibidas colgámolas á seguinte semana nun taboleiro do centro de modo que formaran o símbolo da muller.