Fai unha semana instalouse un novo servizo de almacenamento privado cloud soamente para o profesorado, persoal de secretaría e tamén conserxería.
Dito servizo permite ó profesorado e ó persoal mencionado anteriormente acceder á sua carpeta persoal dende calqueira lugar con acceso a Internet dende un navegador web ou dende unha aplicación móvil.
O almacenamento está aloxado dentro dos servidores do centro para cumplir coa lei de protección de datos.
A URL do novo servizo é: https://cloud.iessanclemente.net
O cloud incorpora os seguintes servizos: calendario, lista de tarefas, bloc de notas, almacenamento adicional de 5GB e a maiores ten a posibilidade de edición online de documentos (ó estilo de Google Drive) tipo docx, pptx, etc.. empregando para elo un novo servidor de edición, que se instalou expresamente para facilitar ditas tarefas.
Información e axuda de configuración do servizo en: Axuda configuración cloud IES San Clemente
CECASACLE