Organizadas polodepartamento de Formación e orientación laboral e o departamento de Orientación, o luns 2 e o martes 3 de decembro, celebráronse no IES San Clemente unha sertie de charlas de Primeiros Auxilios, impartidas pormembros de Protección Civil de Santiago de Compostela.
Durante as mesmas o alumnado dos ciclos de ASIR, DAW, DAM e SMR realizou prácticas dosseguintes contidos:
-Reanimacióncardio-pulmonar (en adultos, nenos e bebés).
-Manobra de Heimlich (nas tres modalidades).
-Posición Lateralde Seguridade.
-Uso do desfibrilador automático (DEA).
O noso agradecementoa Paula, Antonio e Roberto pola súa dedicación e bo facer, e polasúa paciencia e simpatía!
E lembrade, osprimeiros auxilios salvan vidas!