No pasado mes de decembro, o alumnado da sección bilingüe de Portugués FH de 1ASIR e do ciclo plurilingüe SMR, realizou unha proba modelo de nivel B1, co obxectivo de comprobar cal é o seu nivel real de coñecemento da lingua e como preparación para o exame do B1 do CAPLE, da Universidade de Lisboa, que boa parte realizará no final do ano lectivo.
Os resultados son:
- FH: 100% – 22 aprobados de 22 candidatos (19 de nivel B1 e 3 de nivel A2).
- 1SMR: 100% – 24 aprobados de 24 candidatos (20 de nivel B1 e 4 de nivel A2).
- 2SMR: 100% – 12 aprobados de 12 candidatos (9 de nivel B1 e 3 de nivel A2).
Hai que ter en conta que varias persoas xa tiñan certificado en anos anteriores e polo tanto estaban exentas destas probas: 4 de FH e 11 de SMR.
Damos os parabéns ao noso alumnado polos excelentes resultados obtidos. No próximo mes de marzo realizaremos un segundo exame de nivel B1, para que o alumnado que o desexe poida presentarse aos exames oficiais de maio e xullo cunha óptima preparación.