En xaneiro de 2020 seis alumnos de 1º ano do ciclo Plurilingüe SMR asistiron a clases de FP Informática en tres centros educativos portugueses, por medio do proxecto AtlânticoVET de Erasmus+:
- Ángel León e Santiago Fraga no Agrupamento de Escolas Carlos Amarante de Braga.
- Roi Fuentes e Alejandro Martínez na ETAP de Viana do Castelo.
- Vladislav Zernov e Malco Gómez no INETE de Lisboa.
Tiveron un horario combinado de clases na escola e prácticas nunha empresa de informática.
Esta é a sexta vez que o IES San Clemente envía alumnos ao estranxeiro para realizar estudos e a experiencia está sendo moi enriquecedora segundo nos relatan os protagonistas no blogue do proxecto.
Máis información: