Hoxe 11 de febreiro, foi declarado en 2016 pola “Asamblea General de las Naciones Unidas” como Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia.
Este día foi declarado co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Desde a USC (Universidade de Santiago de Compostela) estánse a organizar unha serie de conferencias relacionadas e podedes consultar as quendas que hai dispoñibles no seguinte ligazón:
https://www.usc.gal/gl/servizos/oix/modules/news/news_0091.html
Ademáis, desde este ligazón podedes consultar tanto os vídeos por streaming das conferencias.
Destacamos, por exemplo a primeira conferencia que tivo lugar o día 10 de febreiro de 2020, con Amelia Verdejo (Universidade de Santiago e Universidade de Vigo) como poñente, e que fixo un relatorio sobre “Ada Lovelace e as pioneiras informáticas”:
https://citius.usc.es/novidades/eventos/conferencia-ada-lovelace-pioneiras-informaticas
Relatorio no se que rematou con unha importante reflexión: “causas e motivos polos que, sendo tantas e tan importantes, foron e están sendo totalmente invisibilizadas, e cada vez máis se está a considerar a informática unha ciencia absolutamente masculina, que resulta cada vez menos atractiva ás estudiantes.“