Visita á incubadorada USC

O pasado martes 18 de febreiro o alumnado de 2º curso dos ciclos formativos de grao superior realizou unha visita á incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, no Edificio Emprendia situado no Campus Vida.

Nesa visita, organizada polo departamento de Formación e orientación laboral, no marco das actividades do módulo de Empresa e iniciativa emprendedora (EIE), José Luis Villaverde, director do Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento, falounos sobre o labor que fan a prol da difusión e promoción da cultura emprendedora e do apoio e asesoramento para a creación de empresas.

A continuación, Boris Mosquera, un dos responsables de Situm Technologies, relatounos a experiencia de éxito desta empresa spin-off aloxada na incubadora. Por último, Rosa Sánchez, de UNINOVA, explicounos as oportunidades que para o alumnado de FP ofrece o Programa “Erasmus para Novos Emprendedores”.

Desde o departamento de FOL damos as grazas ao responsable da incubadora e demais relatores pola súa amable colaboración nesta enriquecedora visita.