Prórroga da suspensión da actividade no centro

Por mor da prórroga do estado de alarma, e mentres non remate a situación actual, o centro permanecerá pechado. Para contactar con nós, consulten a nova publicada ao respecto.

 

Por este motivo suspéndense os exames adiantados de 1º de bacharelato que estaban programados para o día 30 de marzo e 1 de abril. Publicarase a nova data cando se reanude a actividade normal no centro.

Mantéñense as datas previstas dos exames posteriores, tanto os da 3ª avaliación de 2º de bacharelato (14 e 16 de abril) como os da 1ª avaliación do 2º cuadrimestre da ESA (17 de abril). Calquera novidade ao respecto publicarase nesta páxina.