Exames pospostos na ESA e no bacharelato

Como consecuencia da suspensión temporal da actividade lectiva, e da situación do estado de alarma:

Quedan pospostos sen data os exames da 3ª avaliación 2º de bacharelato que estaban programados para os días 14 e 16 de abril.

Quedan tamén pospostos sen data os exames da 1ª avaliación do 2º cuadrimestre da ESA, que estaban programados para o día 17 de abril.

Mantéñense de momento as datas correspondentes ao resto de exames do curso, tal e como figuran nos calendarios publicados dende comezo de curso. Cando teñamos nova data, informarase a través desta web e da aula virtual do centro.