Recentemente instalouse un novo sistema en probas para facer vídeo-titorías dun xeito rápido e con pouco alumnado (recoméndase menos de 30 persoas, pero depende da conexión). Se necesitades dun sistema máis robusto (para máis usuarios ou con opcións de gravación, etc.), recomendamos o Google Meet ou similar, e as vídeo-titorías da plataforma de bacharelato.
As webs https://jitsi.org e https://8×8.vc proporcionan este mesmo sistema de vídeo-conferencia (polo que se nalgún momento falla o servizo do IES San Clemente poderedes empregar calquera dos enlaces anteriores).
É unha ferramenta moi cómoda para solucionar problemas dun xeito rápido, xa que o alumnado se conecta ao enderezo web que indique a/o docente e poderá compartir a súa pantalla ou xanela da aplicación na que necesite axuda, e poderedes falar e buscar solucións aos problemas.
Para empregar este servizo non é necesario rexistrarse nin iniciar sesión, é un servizo aberto a calquera tipo de alumnado e profesorado sen restricións.
- O novo servidor de vídeo-conferencias rápidas atópase en: https://titoria.iessanclemente.net
- Recoméndase empregar navegadores de Internet actualizados (recomendan Google Chrome, aínda que con Firefox tamén funciona perfectamente).
- É moi sinxelo de utilizar, pero tedes axuda adicional de como empregalo e configuralo tanto para PC’s como en dispositivos móbiles en: https://axuda.iessanclemente.net/index.php/Acceso_servizo_video-titorias_rapidas_do_IES_San_Clemente