Recentemente instalouse un novo servizo no IES San Clemente para a avaliación de proxectos dos ciclos de Informática.
Trátase de Gitlab, un servizo web de control de versións e desenvolvemento de software colaborativo baseado en Git. Ademais de xestor de repositorios, ofrece aloxamento de wikis e un sistema de seguimento de erros, todo iso baixo unha licenza de código aberto.
O servizo é accesible en https://gitlab.iessanclemente.net polo alumnado e profesorado do dominio iessanclemente.net
Grazas a Javier Peón, Eva Pereira, resto de profesores e o CECASACLE que colaborou na instalación deste servizo.