Debido a situación de emerxencia sanitaria na que nos atopamos, a actividade lectiva nos centros atópase suspendida dende o pasado día 13 de marzo. Durante este período, a actividade continuou a desenvolverse a través da aula virtual. Neste período non puideron celebrarse as probas presenciais previstas, que foron adiadas agardando pola posibilidade de que tiveran lugar con posterioridade.
Este martes 28 de abril, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou unhas Instrucións sobre o desenvolvemento académico do terceiro trimestre do curso. En base a elas, no IES San Clemente adoptamos as seguintes decisións sobre a Educación secundaria a distancia para persoas adultas:
- Os exames da 1ª avaliación do 2º cuadrimestre, previstos inicialmente para o día 17 de abril, non se celebrarán.
- O día 12 de xuño, a mesma data prevista no calendario de inicio de curso, terán lugar exames ou probas telemáticas de todos os ámbitos da ESA. O horario exacto destas probas e o seu formato concreto decidirase máis adiante.
- A vindeira semana informarase, en cada ámbito, dos contidos imprescindibles de cada avaliación sobre os que versará a proba.
Cando teñamos nova información publicarase nesta páxina web e a través da aula virtual.
IMPORTANTE: Se algún alumno ou alumna ten problemas de conectividade, ou calquera outro que lle impida manterse en contacto coa aula virtual, o debe poñer en coñecemento do centro antes do vindeiro luns día 4.