Debido a situación de emerxencia sanitaria na que nos atopamos, a actividade lectiva nos centros atópase suspendida dende o pasado día 13 de marzo. Durante este período, a actividade do bacharelato continuou a desenvolverse a través da aula virtual. Neste período non puideron celebrarse as probas presenciais previstas, que foron adiadas agardando pola posibilidade de que tiveran lugar con posterioridade.
Este martes 28 de abril, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou unhas Instrucións sobre o desenvolvemento académico do terceiro trimestre do curso. En base a elas, no IES San Clemente adoptamos as seguintes decisións sobre o Bacharelato a distancia para persoas adultas:
- Os exames da 3ª avaliación, previstos inicialmente para os días 14 e 16 de abril (2º de bacharelato) e 11 e 13 de maio (1º de bacharelato) non se celebrarán.
- A primeira semana de xuño terán lugar exames ou probas telemáticas de todas as asignaturas de bacharelato, tanto as de 1º como as de 2º curso. O calendario exacto destas probas e o seu formato concreto decidirase a vindeira semana.
- Estas probas consistirán en dúas partes:
- Unha primeira parte de recuperación da 1ª e da 2ª avaliación, para aqueles alumnos e alumnas que teñan algunha destas avaliacións pendentes.
- Unha segunda parte opcional, sobre os contidos da 3ª avaliación, que servirá únicamente para mellorar a cualificación final da materia.
- A vindeira semana informarase, en cada materia, dos contidos imprescindibles de cada avaliación sobre os que versará a proba e de que alumnos e alumnas deben presentarse á mesma para superar a materia.
Cando teñamos nova información publicarase nesta páxina web e a través da aula virtual.
IMPORTANTE: Se algún alumno ou alumna ten problemas de conectividade, ou calquera outro que lle impida manterse en contacto coa aula virtual, o debe poñer en coñecemento do centro antes do vindeiro luns día 4.