Se a situación fose outra, o alumnado da sección bilingüe de 1ASIR e do ciclo Estrela PluriFP (ambos en portugués) celebraríamos o Día de Europa & eTwinning Day como no ano pasado, visitando un centro socio de Portugal. O proxecto no que traballamos neste ano é Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero.
Pero a pandemia obrigounos a substituír esta actividade por outra a distancia. Así, por primeira vez, todo o alumnado do IES foi convidado a participar nun concurso sobre Europa, organizado polo Equipo de proxectos europeos e o EDLG, en base a un Kahoot creado polo mestre David Paz Novoa.
A experiencia foi moi boa, divertida e instrutiva. Agardamos que sexa a semente para moitas máis deste tipo.
Parabéns aos gañadores!
- Primeiro premio (vale de 100 euros): Adrián Novio Vilariño, de 1ASIR.
- Segundo premio (vale de 75 euros): Manuel Sestayo Tajes , de 1SMR.
- Terceiro premio (vale de 50 euros): Iván Cerviño Paz, de 1ASIR.
- Premio de consolación (vale de 10 euros): Bernabé Villaverde Rodríguez, de 1ASIR.
Moitas grazas ao alumnado participante e ao profesorado que dinamizou a actividade: Manuel Mira, Marcos Vence e Carmen Viñas.