Nas aulas virtuais das respectivas materias tedes publicadas as adaptacións das programacións, acompañadas por instrucións do profesorado, indicando os estándares de aprendizaxe “imprescindibles” sobre os que tratarán os exames finais das materias de bacharelato e dos ámbitos da ESA, así como os criterios de avaliación e cualificación.
No bacharelato, o exame final constará dunha parte de recuperación da 1ª e da 2ª avaliación, e doutra parte opcional sobre o temario da 3ª avaliación. Como norma xeral, o alumnado que ten superadas as dúas primeiras avaliacións xa non é necesario que se presente ao exame final, aínda que pode facer a parte correspondente á 3ª avaliación para ter a posibilidade de mellorar a nota final. En caso de dúbida, consultade os documentos colgados nas aulas virtuais e preguntádelle ao profesor ou profesora da materia.
Na ESA, o exame final constará dunha única parte sobre os contidos da 1ª e da 2ª avaliación. Ao igual que no bacharelato, nas aulas virtuais de cada ámbito figura a información sobre os “coñecementos imprescindibles” que entrarán no exame, que en principio manténse para o venres 12 de xuño.
En ambos casos, tanto na ESA como no bacharelato, non existe aínda certeza sobre a forma na que se levarán a cabo os exames. Se a situación sanitaria mellorase, e houbera instrucións que permitiran a presenza de alumnado e a realización de exames nos centros educativos, estes serían presenciais en cumprimento da normativa vixente. En caso contrario, serían telemáticos e informarase sobre o procedemento concreto. A decisión tomarase cun mínimo de 10 días de antelación ao comezo dos exames e informarase dela a través da aula virtual e desta páxina web.
Os exames de bacharelato, tanto os das asignaturas de 1º como de 2º curso, sexan de xeito presencial ou non, terán lugar durante a primeira semana de xuño. O calendario publicarase xunto coa decisión da forma de realización.
A día de hoxe a previsión é que en setembro haxa exames tanto dos ámbitos da ESA como das materias de 1º e de 2º de bacharelato.
Durante esta semana o centro permanecerá aberto de 9h a 13h para trámites administrativos.